Liberalismo

Autores

Elena Rosalía Rodríguez Fontenla
##semicolon## liberalismo, ideoloxías políticas, modernidade, democracia, constitucionalismo, liberdade, liberalismo clásico, liberalismo progresista, neoliberalismo

Resumo

A presente unidade didáctica é a duodécima das que constitúen o conxunto do programa docente da materia Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos, materia obrigatoria (código G3031V01) do primeiro curso do Grao de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e xorde da necesidade de transmitir ao alumno a importancia do estudo das ideas e ideoloxías políticas contemporáneas na súa formación como futuro xornalista.

En primeiro lugar, transmitirase a necesidade de ter en conta a influencia do liberalismo político en tanto ideoloxía que pode cualificarse como a abandeirada das transformacións acontecidas no estado dende as sociedades do antigo ao novo réxime. En segundo lugar, tanto se concibimos a democracia como premisa ou como engadido posterior aos presupostos teóricos liberais, comprender que o liberalismo é un dos ingredientes que xunto ás ideas, valores e institucións da democracia estruturarían a contorna de gran parte das sociedades políticas contemporáneas occidentais e non occidentais. Neste senso, a presente unidade didáctica recolle de maneira sintética unha serie de contidos e conceptos centrais á hora de comezar a comprender e estudar en máis profundidade os trazos e complexidade de dito conxunto ideolóxico.

Cuberta para Liberalismo
Publicado
March 1, 2017

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16954-14-8
Propietario (01)
UD/124A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954148
Fecha de anuncio para el sector (10)
2016