Clásicos do pensamento universal
Creada en virtude dun convenio entre a Fundación BBVA e a Universidade de Santiago de Compostela, e sufragada na súa totalidade pola Fundación BBVA, Clásicos do Pensamento Universal edita, desde 2002, esmeradas traducións a lingua galega, realizadas desde a lingua orixinal por expertos na materia, daquelas obras do pensamento científico, humanístico ou social que representaron fitos indubidables na historia intelectual do ser humano. Platón, Aristóteles, Séneca, Maquiavelo, Erasmo, Mouro, Newton, Lavoisier, Beccaria, Darwin, Bernard, Von Neumann, Popper, MacLuhan… poden lerse agora en galego, en rigorosas traducións críticas sempre precedidas pola introdución dun especialista. A colección, dirixida polo profesor Darío Villanueva, conta cun comité científico, que se reúne anualmente. Director e Comité Científico deciden os títulos a editar.