Cadernos CIPPCE sobre emerxencia cultural
CADERNOS CIPPCE sobre emerxencia cultural é unha colección de monografías dixitais do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE), centro propio da Universidade de Santiago de Compostela constituído formalmente no ano 2010. O CIPCCE consagra a súa actividade e obxectivos ao estudo científico de fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, de procesos culturais emerxentes, sen restricións territoriais nin lingüísticas. CADERNOS CIPPCE sobre emerxencia cultural constitúe unha serie aberta, sen periodicidade prestablecida, destinada ao público universitario e investigador nacional e internacional. Ler máis