USC Editora. Manuais
USC Editora é un selo comercial dela Universidade de Santiago de Compostela, rexistrado como marca, creado en 2009 que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente por este e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel dos traballos que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de calidade editorial.
USC Editora é un selo certificado coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 polo Rexistro de Empresa de AENOR.
USC Editora. Manuais publica obras didácticas, de autor, en colaboración ou colectivas, para público universitario ou especialista nas máis diversas áreas do coñecemento, que buscan, como complemento da teoría, solucións asequibles e desenvolvementos de índole práctica e valor docente. Na avaliación dos orixinais valorarase o nivel de troncalidade da materia en concreto e a vixencia futura dos contidos. A serie está aberta a investigadores de todas as universidades, aínda que, por razóns financeiras, dá prioridade a orixinais provenientes da Universidade de Santiago de Compostela.