IMPLICADOS. Guías para a mellora da implicación familiar en educación primaria
«IMPLICADOS. Guías para a mellora da implicación familiar en educación primaria» é unha colección dixital en acceso aberto derivada do proxecto de investigación «Implicación familiar e rendemento académico na educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais», financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Está composta por seis libros consistentes nunha guía para o (a) educador(-a), unha guía para a familia e un caderno para a familia en lingua galega, e os tres mesmos documentos en lingua española. Os documentos teñen como obxectivo a promoción da implicación familiar na educación primaria e a mellora dos hábitos e técnicas de estudo do seu alumnado. Deste xeito, a colección pretende optimizar as estratexias que modulan a aprendizaxe dos nenos e nenas no contexto familiar, contribuíndo aos seus resultados académicos e elevando as súas expectativas de éxito educativo.