Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Faladoiros

Explorar 2 títulos

O obxectivo da serie Faladoiros, anexa ás publicacións da Cátedra Juana de Vega, é tratar con rigor e profundidade académica, coa participación de axentes e actores directamente implicados, asuntos centrais para o país e para o mundo dende unha perspectiva histórica pero cun enfoque multidisciplinar e inclusivo do coñecemento.
Cada volume da colección é o resultado dunha xornada de debate (Faladoiro) previamente organizada pola Cátedra; e recolle tanto os textos (revisados e actualizados) das ponencias presentadas ao Faladoiro como o resume das discusións colectivas ás que estes deron lugar, así como un texto introductorio da autoría do coordenador/a de cada Faladoiro.
Coa publicación dixital da serie Faladoiros búscase facer chegar a reflexión sobre temas que a Cátedra Juana de Vega de Historia Contemporánea da USC considera de interese prioritario para os/as investigadores/as, á opinión pública galega e o conxunto da nosa sociedade civil, así como a calquera persoa, colectivo ou institución interesados na realidade galega alén das nosas fronteiras.

Todos os libros

Cuberta para Galicia no contexto global: un país periférico?
1
Galicia no contexto global: un país periférico?
Ramón Villares (Coordinador/a)
October 16, 2018
Cuberta para O malestar da democracia
2
O malestar da democracia
Justo G. Beramendi (Coordinador/a)
March 4, 2019