Publicaciones del Departamento de Geometría y Topología
O departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela vén publicando, dende o ano 1959 e sen periodicidade fixa, esta serie de monografías.
Ademais de teses, tesiñas e outras memorias de iniciación á investigación, nela inclúense actas de congresos, resumes de conferencias de profesorado invitado e, en xeral, traballos de matemáticos vencellados ao Departamento.
Os primeiros números recollían contribucións de persoalidades tan destacadas como P. Dedecker, G. de Rham, G. Reeb, R. Deheuvels ou A. Haefliger, así como as actas dos primeiros Coloquios Internacionais da serie que organizou regularmente o Departamento. Aparecen tamén traballos do fundador do Departamento, Enrique Vidal Abascal, e dos seus primeiros discípulos.
Dende entón van publicados máis de 125 volumes nesta colección que segue a ser un medio indispensable para dar a coñecer a nosa actividade.