Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Actas

Explorar 4 títulos

Moitas das ideas defendidas e estimuladas por Juana de Vega (1805-1872), digna herdeira da Ilustración e devota do liberalismo, seguen tendo plena vixencia e marcando a evolución das sociedades actuais. A compoñente de modernidade deste ideario fai que a consagración ao estudo do liberalismo e da historia do século XIX estean na base dos intereses da Cátedra Juana de Vega, creada co patrocinio da Fundación Juana de Vega, encadrada no Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e actualmente dirixida polo catedrático do devandito departamento, profesor Xusto Beramendi, e da súa colección de publicacións, que ten como fin a difusión dos traballos realizados no seo da mesma. Estes traballos teñen a súa orixe nas actas de congresos, organizados pola cátedra, e nos premios de investigación (en dúas modalidades, A e B), convocados e fallados polo propio comité de dirección da cátedra.

A serie Actas edita, como o seu nome indica, obras colectivas que recollen os traballos presentados a congresos ou seminarios convocados pola Cátedra e organizados baixo o seu selo.

 

 

Todos os libros

Cuberta para Poder y territorio en la España del siglo XIX: De las Cortes de Cádiz a la Restauración
4
Poder y territorio en la España del siglo XIX: De las Cortes de Cádiz a la Restauración
Justo Beramendi,Xosé Ramón Veiga (Coordinador/a)
February 26, 2015
Cuberta para A Guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América A Guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América
José María Portillo Valdés,Xosé Ramón Veiga Alonso,María Jesús Baz Vicente (Coordinador/a)
October 3, 2013
Cuberta para O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión
Xosé Ramón Barreiro Fernández (Coordinador/a);Enrique Sáez Ponte (Prologuista)
October 3, 2013
Cuberta para Entre imperio y naciones: Iberoamérica y el caribe en torno a 1810 Entre imperio y naciones: Iberoamérica y el caribe en torno a 1810
Pilar Cagiao Vila,José María Portillo Valdés (Coordinador/a)
October 3, 2013