Publicaciones de la Cátedra "José Ángel Valente" de Poesía y Estética
A Cátedra de Poesía e Estética José Ángel Valente creouse tras a doazón feita polo universal poeta galego José Ángel Valente (1929-2000) á Universidade de Santiago de Compostela do seu arquivo e biblioteca persoais. Baixo a dirección do director da mesma Cátedra, o profesor e poeta Claudio Rodríguez Fer, a colección, creada en 2002, acolle estudos monográficos, de autor ou colectivos, consagrados á análise e crítica da extensa e polifacética obra poeta e a súa contorna xeracional, vital e intelectual. A colección está aberta a escritores e investigadores nacionais e internacionais, universitarios e doutros ámbitos. Aínda que as Publicaciones de la Cátedra Valente pertencen maioritariamente ao eido da investigación e van destinadas ao campo académico e universitario mundial, non exclúen tampouco o ensaio literario nin a creación poética.