USC EDITORA. LUCUS LITTERA
USC Editora é un selo comercial da Universidade de Santiago de Compostela, rexistrado como marca, creado en 2009 que, dentro de Edicións USC dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente pola editorial e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel dos traballos que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de calidade editorial. USC Editora é un selo certificado coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 polo Rexistro de Empresa de AENOR.
USC Editora Lucus Littera é unha colección de anexos monográficos de Moenia. Revista Lucense de Lingüística y Literatura consagrados á investigación en literatura ou teoría da literatura e destinados tanto a investigadores dos ámbitos mencionados como a público culto e lectores interesados en temas relacionados coa literatura.