USC Editora. Textos

Explorar 3 títulos

USC Editora é un selo comercial dela Universidade de Santiago de Compostela, rexistrado como marca, creado en 2009 que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente por este e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel dos traballos que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de calidade editorial.

USC Editora é un selo certificado coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 polo Rexistro de Empresa de AENOR.

USC Editora Textos destínase a edicións académicas rigorosas, de natureza crítica e/ou anotada, de obras principalmente literarias pero tamén de textos de interese científico, histórico, artístico, social ou cultural. As edicións, dirixidas ao mundo académico, serán críticas ou anotadas, ou ben combinarán ambas as esferas. As transcricións paleográficas só se considerarán nos casos de antigos manuscritos ou impresos únicos de especial relevancia histórica. A serie está aberta a investigadores de todas as universidades, aínda que, por razóns financeiras, dá prioridade a orixinais provenientes da Universidade de Santiago de Compostela.