Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero
«Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero» é unha colección de guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego. Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento, como as ciencias da computación, a filoloxía e a lingüística, as matemáticas, e un longo etcétera. A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.