Biblioteca de Divulgación. Serie Científica
Creada en 2011, e codirixida polos profesores e divulgadores científicos Francisco Díaz-Ferros e Jorge Mira, a Biblioteca de Divulgación. Serie Científica acolle textos que, malia seren resultado da máis rigorosa investigación en cada eidos, están presentados de forma divulgativa, con exposición amena e áxil, desprovistos de aparato crítico e, en definitiva, pensados para o público xeral e non estritamente especialista. Os temas deben referirse a calquera aspecto das ciencias naturais ou experimentais que, dentro da súa natural complexidade ou especificidade, poidan ter tamén un interese divulgativo, de maneira que poidan presentarse de forma áxil, suxestiva ou mesmo divertida.