Festina Lente. Estudos da Literatura e a Cultura
Colección de estudos literarios que, con metodoloxía diversa (filolóxico-histórica, crítica, teórica, comparada), reflicte as liñas de investigación das teses de doutoramento en fase de realización e anticipa os seus resultados. Os autores pertencen a programas de doutoramento de diversas universidades, españolas e internacionais, aínda que maioritariamente proceden do programa de Estudos da Literatura e a Cultura da USC. A colección nace no 2024 cunha vocación de periodicidade dun número anual. Cada volume concíbese como unha publicación plurilingüe, segundo o idioma de realización da tese de doutoramento, o tema de investigación e a primeira lingua dos diferentes autores. Admítense orixinais en calquera das linguas habituais na comunidade científica no campo de coñecemento das Humanidades.
Edición dixital con embargo comercial de seis meses.
Extensión dos traballos: entre 40 e 50 000 caracteres.
Número de traballos por volume: entre 15 e 20.
Avaliación das propostas:
Os editores de cada volume seleccionan as propostas, que posteriormente terán que contar co informe favorable do director da tese de doutoramento de cada autor, mais o dun experto. O envío dos traballos aos expertos realízase mantendo o anonimato (do traballo e do informe). Estes informes pasan á consideración da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD).
Os informes solicitan do experto un ditame sobre a publicación, así como as recomendacións e correccións que contribúan á mellora do traballo.
A relación de membros dos comités editorial e científico (verificada para o primeiro volume e con previsión de manterse, salvo as variacións que experimente a CAPD en cada curso) é como segue:
Comité editorial da CAPD
- Anxo Abuín González - Universidade de Santiago de Compostela
- María José Alonso Veloso - Universidade de Santiago de Compostela
- Arturo Casas Vales - Universidade de Santiago de Compostela
- Rosa Marta Gómez Pato - Universidade de Santiago de Compostela
- Laurence Malingret - Universidade de Santiago de Compostela
- Soledad Pérez-Abadín Barro - Universidade de Santiago de Compostela
- Carmen Villarino Pardo - Universidade de Santiago de Compostela
Comité científico
- Carmen Blanco Valdés - Universidad de Córdoba
- Francisco Javier Escobar Borrego - Universidad de Sevilla
- David González Ramírez - Universidad de Jaén
- Belén Molina Huete - Universidad de Málaga
- Antonio Ramajo Caño - Universidad de Salamanca
- Fernando Cabo Aseguinolaza - Universidade de Santiago de Compostela
- Juan Casas Rigall - Universidade de Santiago de Compostela
- Ana Chouciño Fernández - Universidade de Santiago de Compostela
- Paulo Gatica Cote - Universidade de Santiago de Compostela
- Javier Gutiérrez Carou - Universidade de Santiago de Compostela
- Amparo de Juan Bolufer - Universidade de Santiago de Compostela
- Laura Lojo Rodríguez - Universidade de Santiago de Compostela
- Margarita Santos Zas - Universidade de Santiago de Compostela
- Teresa Vilariño Picos - Universidade de Santiago de Compostela
- Dolores Vilavedra Fernández - Universidade de Santiago de Compostela
A colección finánciase polos grupos de investigación da USC imbricados nos programas de doutoramento.