Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán
A colección responde ao fundamental propósito da Cátedra Vale-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela de crear unha colección propia que, dirixida pola profesora Margarita Santos Zas, conta para o seu asesoramento cun Consello Editorial, integrado por recoñecidos valleinclanistas e investigadores doutros ámbitos da literatura. A colección, aberta a investigadores nacionais e internacionais, dispón de dúas liñas editoriais básicas: a primeira, consagrada aos textos do escritor, con especial énfase na edición facsimilar de manuscritos valleinclanianos. A segunda ten como eixo os estudos que, con diversas metodoloxías e enfoques críticos, incumben á figura e obra do escritor así como ao seu contexto histórico-cultural. Colección en curso.