USC Editora. Clave
USC Editora é un selo comercial dela Universidade de Santiago de Compostela, rexistrado como marca, creado en 2009 que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente por este e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel dos traballos que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de calidade editorial.
USC Editora é un selo certificado coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 polo Rexistro de Empresa de AENOR.
USC Editora. Clave publica obras compilatorias colectivas que son ao mesmo tempo prontuarios para a adquisición rápida de competencias nunha materia e rigorosas actualizacións das últimas tendencias ou estados da cuestión para o estudo e máis completa ou cabal comprensión da materia. A serie está aberta a investigadores de todas as universidades, aínda que, por razóns financeiras, dá prioridade a orixinais proviñentes da Universidade de Santiago de Compostela.