Premios "Xohana Torres" de Investigación e Ensaio

Explorar 12 títulos

Xohana Torres, poeta, novelista e dramaturga, naceu en Santiago de Compostela en 1931. Tras unha vida de compromiso coa cultura e o papel social da muller e unha brillante carreira literaria, ingresou na Real Academia Galega en 2001. En 1992, a Concellaría da Muller do Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela instituíron un premio anual de investigación ou ensaio ―humanístico, social, científico― que leva o nome da insigne escritora e académica, para contribuír ao coñecemento das mulleres que, xa individual, xa colectivamente, xa en tempos pasados, xa na actualidade, destacasen nalgún terreo na Comunidade de Galicia, achegando a súa experiencia ao conxunto da sociedade. Colección cesada en 2012.

Todos os libros

Cuberta para Un formigueiro de mulleres: as ‘trapicheiras’ do Miño Un formigueiro de mulleres: as ‘trapicheiras’ do Miño
Natalia Jorge Pereira (Autor/a)
November 5, 2025
Cuberta para O traballo das mulleres na Galicia rural do Antigo Réxime O traballo das mulleres na Galicia rural do Antigo Réxime
Serrana Mercedes Rial García (Autor/a)
November 5, 2013
Cuberta para Nais, xornaleiras e emigrantes: unha perspectiva comparativa da muller na emigración americana e europea Nais, xornaleiras e emigrantes: unha perspectiva comparativa da muller na emigración americana e europea
Mariluz González Parente,Marta Lombán Pazos (Autor/a)
November 5, 2013