Limiar
A Colección Limiar é unha iniciativa do Instituto da Lingua Galega que nace coa vontade de converterse nunha canle para a publicación en soporte dixital de monografías orixinais centradas nalgún aspecto relacionado de maneira directa coa lingüística e a filoloxía galegas. A colección ofrécese de maneira preferente a investigadores novos, co fin de que poidan canalizar a través dela publicacións derivadas dos seus traballos académicos de inicio á investigación .
Os orixinais que se presenten para ser publicados na Colección Limiar serán sometidos a un exame anónimo por avaliadores externos. As linguas de publicación son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano. Os orixinais deben ter unha extensión de entre 20 000 e 50 000 palabras.