Biblioteca de la Cátedra de Cultura Cubana "Alejo Carpentier"
Colección creada en 2000 por iniciativa da profesora Yolanda Novo, entón, e ata o volume 6, directora da Cátedra de Cultura Cubana ‘Alejo Carpentier’, na actualidade dirixida pola profesora Ana Chouciño. A finalidade da colección é fornecer dun canle á difusión de investigacións universitarias ou de rango semellante centradas na cultura cubana e hispano-cubana vencellada ás humanidades e as ciencias sociais. Todos os títulos da colección, calquera que sexa a procedencia ―cubana ou non cubana― dos orixinais, selecciónanse consonte criterios de calidade, rigor científico e interese bibliográfico, a cuxo fin se conta co aval dun consello de redacción formado por prestixiosos profesores da universidade compostelá e dun consello asesor de solventes especialistas da Universidade da Habana. A colección conta cun consello de redacción integrado por investigadores universitarios de recoñecido prestixio académico e científico, que asesoran á dirección sobre as propostas sometidas a ditame para a súa publicación, en función das súas respectivas áreas de coñecemento. Colección en curso.