El yo líquido: José Ángel Valente frente a la escritura del yo (epístolas, diarios, memorias, confesiones, autobiografías)
Resumo
O interese mostrado por José Ángel Valente cara aos formatos literarios que se inclúen baixo a denominación de «xéneros do eu», «cartas, diarios, memorias, confesións e autobiografías», en tanto que obxecto de reflexión teórica, dentro da súa produción ensaística, como tamén debido á súa presenza entre os textos de creación poética e narrativa, vencéllase a unha paralela inclinación polas variables conceptuais que ofrece a problemática filosófica da identidade, nucleares en todas as facetas da súa escritura. Os diferentes niveis de emerxencia do eu creativo, que se atreve a mostrarse desprotexido do escudo da ficcionalidade, admiten unha lectura en tanto que formas históricas de expresión creativa interpretadas, asumidas e adaptadas pola sensibilidade valenteana, como en canto a contidos de recepción dun Valente lector e hermeneuta, permanentemente atento ao medio creativo europeo e mesmo universal. Os obxectos, modos, finalidades e contidos determinantes do interese do autor por estes subxéneros revelan e explican non só os seus intereses temáticos e creativos, senón mesmo algúns dos principios estéticos e ideolóxico-filosóficos que se constitúen en fío vertebrador dun prolongado e rigoroso labor de escritura.