Biodiversidad y funcionamiento de los ecosistemas: mamíferos y carbono
Resumo
Unidade didáctica que afonda na biodiversidade e funcionamento dos ecosistemas e analiza a importancia dos diferentes servizos proporcionados polo ecosistema, e, en consecuencia directa, a relación do home co medio. Estes contidos básicos fan parte do currículo da Educación Secundaria Obrigatoria en España, e así están recollidos na maioría dos libros de texto. O obxectivo fundamental desta unidade didáctica é, pois, conseguir do estudantado unha reflexión sobre a complexidade das interaccións entre ser humano e medio natural. A ideá básica é clave: nun ecosistema, as plantas fixan o carbono atmosférico, é dicir, converten o carbono inorgánico da atmosfera no carbono orgánico que queda dispoñible para os animais da rede trófica. É doado entender que especies diferentes poden fixar carbono de diferentes xeitos, o que implica que unha maior diversidade de plantas contribúa a unha maior fixación de carbono, pois existiría complementariedade entre distintas especies de plantas. Porén, xa que os animais interaccionan coas plantas e nútrense delas, teñen tamén unha influencia no fluxo bioxeoquímico do carbono. É esta relación, menos obvia, a que se discute nesta unidade didáctica. A tal fin, os estudantes precisan estar familiarizados cos conceptos de ecosistema, funcionamiento dos ecosistemas e servizos dos ecosistemas, así como cos de comunidade biolóxica, especie e interaccións entre especie, conceptos todos eles referidos e traballados ao longo das diferentes actividades deseñadas na unidade.