Los Caminos a Santiago en la Edad Media: imágenes y leyendas jacobeas en territorio hispánico (siglos IX a XIII)
Resumo
Desde unha perspectiva histórico-artística, o Camiño de Santiago é un inesgotable filón para a investigación e a crítica, revelándose probablemente como un dos temas predilectos da historiografía medieval, un feito perfectamente explicable de termos en conta que a peregrinación a Compostela se relaciona con fenómenos transcendentais para a cultura de Occidente como a implantación da reforma Gregoriana, a expansión dos reinos cristiáns peninsulares e a propagación dunha arte común dentro dun asombroso proceso de unificación cultural. Malia a cantidade de estudos publicados sobre un tema de tal proxección, non sempre resulta doado e accesible a estudantes e investigadores atoparen información clara sobre a sucesión de acontecementos e fontes relacionadas coa suposta inventio do corpo do Apóstolo na espesura dun bosque galego, unha limitación que esta monografía pretende paliar. Desde as orixes e construción do culto xacobeo á definición e representación da imaxe artística do Apóstolo, a multiplicidad de percorridos e camiños a Santiago —de aí o título do libro— ou as claves da «arte do Camiño de Santiago», esta obra volve, unha vez máis, os ollos á asombrosa vitalidade con que a peregrinación a Compostela se mantivo ao longo dos séculos, a pervivencia dunha ruta chea de arte, historia e espiritualidade, onde o viaxeiro se enfronta a un pasado vivo e o investigador a un campo de interese inextinguible.
Capítulos
-
Prólogo