Propter magnare creatus: lengua, literatura y gastronomía entre Italia y la península Ibérica, actas del Congreso Internacional, Santiago de Compostela, 21-23 de septiembre de 2016
Resumo
Construída sobre a fusión de culturas diversas, Europa foi elaborando, a partir da Idade Media, unha identidade alimentaria e gastronómica extremadamente rica e multiforme. De feito, parte integrante da cultura son os modelos alimentarios e gastronómicos, elemento decisivo na formación de identidades colectivas. Pero a identidade baséase no intercambio e transfórmase co tempo. Desde unha dimensión cada vez máis universal e renacentista da cociña, á formación de tradicións locais ben definidas, até o hibridismo da cociña moderna, a gastronomía ten expresado a súa propia forza creativa e innovadora a través da lingua e a literatura. Apelando a estes argumentos e incitacións, o congreso internacional Propter magnare creatus. Lengua, literatura y gastronomía entre Italia y la península Ibérica, cuxos relatorios e comunicacións recolle este volume, propúxose traza-lo vínculo existente no transcurso dos séculos entre gastronomía, lingua e literatura, e a súa contribución á construción da cultura europea común e compartida, pero preservando a especificidade de cada territorio.