Outros e novos queixumes: de filosofía e literatura en 'Queixumes dos pinos' de Eduardo Pondal

Autores

Luís García Soto
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## literatura, Eduardo Pondal, Galicia, filosofía

Resumo

Velaquí unha indagación filosófica practicada na obra prima de Eduardo Pondal Queixumes dos pinos (A Coruña, 1886), incidindo en temas novos, non tratados, ou en cuestións debatidas, mais tratadas agora cunha perspectiva renovada. Así, non sendo novo reparar no sexo-amor-xénero, neste ensaio son salientados feitos, ángulos e propostas diferentes. Mais, nos outros casos, non é nova apenas a achega proposta, senón mesmo a temática estudada. O divino e o humano, a saudade, e Galiza, o seu nome, son cuestións até agora moi pouco tratadas. E teñen gran relevancia, a comezar na nosa cultura conterránea contemporánea (mais tamén alén dela). Esta indagación filosófica calla nunha análise e interpretación deses temas, a partir do texto pondaliano, no cadro do pensamento filosófico occidental contemporáneo, comprobando, e poñendo, ao tempo, en valor, a riqueza do poemario de Pondal. Queixumes dos pinos, lido máis de cen anos despois de ser escrito e inserido na cultura filosófica occidental contemporánea, resulta unha caixa de sorpresas, mellor dito aínda, unha illa do tesouro.

Cuberta para Outros e novos queixumes: de filosofía e literatura en 'Queixumes dos pinos' de Eduardo Pondal
Publicado
December 9, 2019

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: En papel

En papel
ISBN-13 (15)
978-84-17595-40-1
Propietario (01)
UE/005
Fecha de anuncio para el sector (10)
2019-12-09
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
150mmx210mm

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: Pdf

Pdf
ISBN-13 (15)
978-84-18445-05-7
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788418445057
Propietario (01)
UE/05A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-09-29
Calendario de Hijri