O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela: nacemento e evolución (1969-2019)

Autores

Raquel Vázquez Ramil
Ángel Serafín Porto Ucha
##semicolon## Instituto de Ciencias da Educación (ICE), formación do profesorado, Curso de Aptitude Pedagóxica, especialización docente

Resumo

En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.

Cuberta para O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela: nacemento e evolución (1969-2019)
Publicado
March 12, 2020

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-75-3
Propietario (01)
OP/460
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-03-12
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mm