Penas accesorias privativas de dereitos: a prohibición de residencia

Autores

María Castro Corredoira
PDI
Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas
PDI
##semicolon## dereito penal-parte xeral, penas, accesoriedade, prohibición de residir, afastamento

Resumo

As prohibicións de residir en determinados lugares ou acudir a eles, de aproximación e de comunicación merecen, dende hai algún tempo, a atención do lexislador penal, até o punto de erixirse nas protagonistas, no marco das consecuencias derivadas do delito, de recentes reformas do Código Penal e da Lei. Consecuencia disto, hoxe en día falamos das modalidades de afastamento como a pedra angular sobre a que o lexislador tenta construír un sistema de sancións orientadas cara á protección da vítima. Baixo esta nomenclatura xenérica de “penas de afastamento” teñen acollida tres modalidades distintas: a privación do dereito a residir en determinados lugares ou acudir a eles (art. 48.1 CP); a prohibición de aproximarse á vítima ou a aqueles dos seus familiares ou outras persoas que determine o xuíz ou tribunal (art. 48.2 CP); e a prohibición de comunicarse coa vítima ou con aqueles dos seus familiares ou outras persoas que determine o xuíz (art. 48.3 CP). A prohibición de residencia é a modalidade de afastamento máis antiga. Xa se atopaba prevista de maneira expresa no artigo 67 do Código Penal de 1944/1973, que contemplaba a prohibición do reo de “non volver” ao lugar onde se cometera o delito ou a aquel no que residise a vítima, cando este fose distinto do primeiro.

Cuberta para Penas accesorias privativas de dereitos: a prohibición de residencia
Publicado
January 28, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-53-1
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595531
Propietario (01)
UD/138A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-01-28
Calendario de Hijri