As habilidades perceptivas
Resumo
Esta unidade didáctica forma parte da materia de motricidade infantil que estudan os futuros mestres e mestras de Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela, disciplina de carácter obrigatorio, cunha carga lectiva de 6 créditos, que se encaixa no terceiro curso do grao. Dentro dos contidos que traballan os estudantes, as capacidades perceptivo-motrices, dentro da actuación pedagóxica global que caracteriza a etapa de Educación Infantil, constitúen a base para o desenvolvemento de posteriores habilidades, como poden ser as habilidades motrices básicas, que non deixan de ser os movementos máis simples que o neno realiza nos primeiros anos de vida. Tal e como o expresan Gil, Contreras e Gómez (2008, p. 78), as capacidades perceptivo-motrices organizan o movemento en base á «percepción do propio corpo; a percepción espacial como a situación, a dirección ou a orientación; a percepción temporal como a duración ou o ritmo; o coñecemento da contorna física e desenvolvemento no medio social. O corpo solicitado polos factores perceptivo-motores é o corpo consciente, vinculado á motricidade voluntaria, á representación mental; un corpo comprometido en pensar, en decidir, en actuar; un corpo que é o dun ser ávido de coñecer. A percepción é un proceso cognitivo moi valorado dende sempre na institución escolar, xa que un dos aspectos fundamentais da percepción é a significación. A percepción implica interpretar a información e construír obxectos dotados de significación. Trátase de retomar os propios coñecementos, operar sobre eles construíndo novas aprendizaxes e saber expresalas».
Citas
Barcala, R., Abelairas, C., e Gil, P. (2016). Didáctica de la educación física en educación infantil. Madrid: Síntesis.
Castañer, M. e Camerino, O. (1991). La Educación en la Enseñanza Primaria. Barcelona: INDE.
Castañer, M. e Camerino, O. (2006). Manifestaciones básicas de la motricidad. Lleida: Universitat de Lleida.
Gil, P., Contreras, O. R., e Gómez, I. (2008). Habilidades motrices en la infancia y su desarrollo desde una educación física animada. Revista Iberoamericana de Educación, 47, 71-96.
Lapierre, A. (1981). La educación psicomotriz en la escuela maternal. Barcelona: Científico-Médica.
Latorre, P. e López, J. (2009). Desarrollo de la motricidad en educación infantil. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Le Boulch, J. (2001). El cuerpo en la escuela en el siglo XXI. Barcelona: INDE.
Rigal, R. (2006). Educación motriz y educación psicomotriz en preescolar y primaria. Barcelona: INDE.
Serrien, D. J., Ivry, R. B., e Swinnen, S. P. (2006). Dynamics of hemispheric specialization and integration in the context of motor control. Nature Reviews Neuroscience, 7(2), 160-166.