O inmigrante imaxinario: Estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina (1880-1940)

Autores

Xosé Manuel Núñez Seixas
##semicolon## Galegos en Arxentina, Aspectos sociais, Emigración e inmigración

Resumo

Esta monografía pretende enfocar a historia da emigración galega dende unha perspectiva diferente, malia non exenta de precedentes, como é a análise das identidades, dos discursos e dos estereotipos arredor do inmigrante galego nun marco espacial concreto (Arxentina, e de xeito predominante a cidade de Bos Aires) e nun marco temporal definido no propio subtítulo. Como tal, é unha aposta arriscada, aínda que non carente de paralelos e fontes de inspiración noutros estudos monográficos sobre o imaxinario dos emigrantes noutras latitudes (EE.UU. ou a mesma Arxentina). Máis que contribuír a encher un oco temporal ou temático, que é o que máis se estila polos lares historiográficos ibéricos, o ensaio que o lector ten nas mans aspira a plantexar interrogantes, a abrir novos eidos temáticos e a reler, ou cando menos ler con outros ollos, unha boa parte das fontes. Endalí que non se conciba como unha obra pechada, senón como un primeiro avance nun terreo polo que, sen dúbida, cumprirá seguir a progresar.

Cuberta para O inmigrante imaxinario: Estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina (1880-1940)
Publicado
September 26, 2013
Colección
Categorías