Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa

Autores

Mariña Arbor Aldea
Antonio F. Guiadanes
##semicolon## Poesía galego-portuguesa, Historia e crítica

Resumo

Este libro explora os vieiros polos que discorre o labor ecdótico no ámbito da lírica medieval galego-portuguesa, os logros acadados, mais tamén os retos que debe afrontar o filólogo que se ocupa desta tradición poética. A obra conságrase de xeito monográfico ás últimas propostas formuladas no ámbito metodolóxico, aos resultados de investigacións que aplican os presupostos teóricos e os recursos técnicos máis innovadores, e ás achegas que á edición crítica do texto lírico galego-portugués se realizan desde os estudos lingüísticos, métricos -neste caso, con atención tamén As Cantigas de Santa María- e de tradición manuscrita. Todo este tratamento busca suscitar a reflexión sobre a importancia fundamental da práctica ecdótica, un exercicio no que a palabra, o texto -neste caso as cantigas producidas no Occidente ibérico-, é a causa, o motivo, o principio, pois só o texto critico pode constituír a base de calquera ulterior análise do propio texto que adopte o rigor científico como criterio. Este libro, en fin, oríentase ao debate e o intercambio de coñecemento dun patrimonio literario que transcende as fronteiras peninsulares para adquirir carácter universal.

Cuberta para Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa
Publicado
December 5, 2013

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-472-3
Propietario (01)
VA/067A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788498874723
Fecha de primera publicación (11)
2010