El legado das luces
Resumo
O legado das Luces recolle un conxunto de estudios sobre a Ilustración en Galicia e Europa realizados no marco do proxecto de investigación Modernidade e Ilustración.
O libro estructúrase en dúas partes. Abre a primeira -O legado das Luces- un traballo de Martín González Fernández sobre Francisco Jove y Tineo (1754-1810) a xeito de introducción nas peculiaridades da Censura e da Ilustración en Galicia. Seguen dous amplos e detallados estudios sobre a Estética na Modernidade e Ilustración de autoría de Jesús Gómez Vilar e Nel Rodríguez Rial, e unha análise sobre a comprensión natural do home na Ilustración inglesa e francesa, de Luis Rodríguez Camarero. Pecha esta primeira parte un estudio realizado por Xosé Luis Barreiro Barreiro e Óscar Parcero Oubiña, que, ó se ocuparen do tema do silencio en Kierkegaard, poñen ó descuberto as lindes da racionalidade empírico-científica ilustrada. Este último traballo da primeira parte, situado xa no cadro da post-ilustración, establece un nexo coa segunda parte do libro -Nietzsche e a Ilustración-, que recolle o texto de dúas conferencias impartidas na Facultade compostelana de filosofía no centenario da morte do filósofo alemán por José Ignacio Galparsorro, da Universidade do País Vasco, e Luis Jimenéz Moreno, da Universidade Complutense de Madrid.