O occitano, lingua europea: L'occitan, lenga europèa

Autores

María del Carman Alén Garabato
##semicolon## Occitano (Lingua) -- Historia, Literatura occitana -- Historia e crítica, Sociolingüística -- Francia (Sur), Política lingüística -- Francia (Sur)

Resumo

Os intercambios culturais entre Occitània e Galicia remóntanse á Idade Media (como ben mostran os versos de Don Denis (1261-1325): Proençaes soen muy bem trobar / e dizen eles que é com amor...) e continúan mesmo no século XIX, cando figuras imprtante do Rexudirmento galego, que coñecían a obras dos grandes poetas occitanos do momento, falan con admiración de Mistral, de Roumanille ou de Jasmin.

O interese da propia Universidade de Santiago de Compostela polo occitano (ou provenzal) remóntase ós anos 60 e segue vivo na actualidade. Este libro, que recolle algunhas das intervencións de importantes especialistas da lingua e da cultura occitanas que participaron na "Semana do Occitano" celebrada na Facultade de Filoloxía en 1998, quere contribuír a un mellor coñecemento da situación actual da lingua dos trobadores e das circunstancias históricas que a levaron a unha situación de minoración. A historia sociolingüística do occitano e do galego, polo demais, aseméllase (polo menosataa a segunda metade do século XX) e o seu coñecemento pode axudarnos a reflexionar sobre o nosa propia traxectoria.

Cuberta para O occitano, lingua europea: L'occitan, lenga europèa
Publicado
October 21, 2013
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9750-155-2
Propietario (01)
OP/220
Fecha de primera publicación (11)
2003
Dimensións físicas
150mmx210mm