Voces da memoria: Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista

Autores

Beatriz Graña Pérez
##semicolon## Mulleres -- Galicia -- Historia -- 20º século, Exiliados -- España -- Historia -- 1939-1975 (Ditadura franquista)

Resumo

O obxectivo principal deste libro consiste en recuperar a muller coma suxeito histórico dentro do exilio e da resistencia que se inicia despois do Alzamento militar de 1936 en Galicia. Este tema, -o exilio e a resistencia femininas despois do 18 de xullo de 1936-, resulta un tanto novidoso, pois ata o de agora non foi un aspecto que a historiografía tratara dun xeito pormenorizado. Consecuentemente, os datos escritos para realizar unha análise seria sobre o fenómeno da muller galega resistente e exiliada son escasos, silencio que provoca que a investigación afinque as súas bases sobre as fontes orais. Son as verbas das propias exiliadas e resistentes, cotexadas con outros documentos, as que vertebran estas páxinas, para nos dar conta do acontecido na nosa historia recente.

 

Cuberta para Voces da memoria: Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista
Publicado
October 31, 2013