Heterocedasticidade

Autores

María del Carmen López Andión

Resumo

A unidade didáctica que aquí se presenta sitúase no marco da materia Econometría II que se imparte no 3º curso do Grao de Administración e Dirección de Empresas. Esta materia corresponde ao segundo cuadrimestre e necesita dos coñecementos previos adquiridos na materia introdutoria do primeiro cuadrimestre Econometría I. Como continuación dunha materia do primeiro cuadrimestre na que se estudan os conceptos e ferramentas básicas, a Econometría II complementa e amplía a anterior xa que proporciona ao estudantado técnicas econométricas de dificultade media que permiten a análise cuantitativa da realidade económica e empresarial. Tamén aborda de xeito introdutorio algúns temas de gran relevancia na modelización econométrica proporcionado as ideas básicas e conceptos necesarios para poder abordalos en cursos máis avanzados, se se dá esa circunstancia, con profundidade. A materia comeza cunha primeira unidade na que da unha visión xeral moi esquemática das consecuencias que ten o incumprimento das hipóteses do Modelo de Regresión Lineal Normal Clásico (MRLNC), estudado en Econometría I, sobre a estimación mínimo-cuadrática ordinaria (MCO).

Cuberta para Heterocedasticidade
Publicado
November 26, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788415876564
Propietario (01)
UD/011A
Identificador para Xebook (99)
DX1103421609
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-08-06
Calendario de Hijri