A vida cotiá en Galicia de 1550-1850

Autores

Pegerto Saavedra Fernández
##semicolon## Campesiñado -- Galicia -- Historia, Galicia -- Historia -- 1487

Resumo

O propósito deste pequeno libro parece ben simple: non é outro que o de expoñer a situación na que discorría a vida dos labregos dos séculos XVI-XVIII, atendendo tanto os aspectos materiais como os culturais. Os diferentes proble­mas cos que nos poidamos atopar trataranse, en cada caso, no lugar oportuno. Pero antes de falar das formas de propiedade e posesión da terra, dos froitos e dos traballos agrarios, da vida familiar e das crenzas relixiosas, pareceunos conveniente adicar unhas páxinas a dicir como era a Galicia desa época, para ver, con brevidade, as características da paisaxe, o número de veciños e o seu reparto polo territorio, e a opinión que das xentes tiñan os contemporáneos (galegos ou non). Quizabes poidamos logo entender mellor a «vida cotiá» dos nosos devanceiros, que nada a penas tiña de parecido coa dun labrego de hoxe. Imos tratar, sen dúbida, dun mundo que ha de considerarse perdido para sempre, por máis que se conserve unha festa, unha crenza, un rito, unha copla ou un refrán, restos todos que, expoliados do seu significado profundo, non son outra cousa que modas: pois moda é usar mendos no pantalón cando sobra roupa, ou festexar o antroido cando non se respecta a corentena...

Cuberta para A vida cotiá en Galicia de 1550-1850
Publicado
September 22, 2017
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-476-1
Propietario (01)
BD/11A
Fecha de publicación (01)
2010