Emprego e colocación. Interposición e mediación no contrato de traballo

Autores

Alicia Villalba Sánchez

Resumo

Compostela contemplan dúas materias que conteñen as bases para a comprensión do Dereito do Traballo. A primeira, denominada Dereito do Traballo I, ten lugar no segundo curso, e o seu obxecto é a caracterización do contrato de traballo. A segunda, Dereito do Traballo II, sitúase no terceiro curso, e incide nas relacións colectivas.

A primeira, comparte curso académico coa materia Dereito de Contratos, co fin de facilitar ao alumnado a distinción entre o arrendamento de servizos civil, descendente da locatio conductio operarum, do contrato de traballo. Así, as primeiras leccións dedícanse á caracterización do traballo obxecto deste contrato como prestación voluntaria, subordinada, retribuída e realizada por conta allea. A presentación de certas peculiaridades permite considerar a relación laboral como especial, enumerándose as tipificadas como tales no ordenamento xurídico. Porén, a ausencia dalgún dos citados presupostos do contrato de traballo exclúen a existencia de relación laboral, como sucede con traballo autónomo. Ata este intre, a materia céntrase na identificación do contrato de traballo, co fin de que o alumnado comprenda as circunstancias históricas que deron lugar ao xurdimento dunha regulación da prestación de servizos á marxe da idea de igualdade de poder que preside a regulación dos códigos civís decimonónicos. Así, cómpre salientar que o contrato de traballo foi dotado dunha regulación protectora do traballador como parte débil da relación xurídica, vulnerable ante o poder de imposición de condicións leoninas por parte do empresario.

Unha vez caracterizado o contrato de traballo, as seguintes leccións ocúpanse das fontes que o regulan, dos elementos requiridos para a súa validez e das modalidades existentes.

Cuberta para Emprego e colocación. Interposición e mediación no contrato de traballo
Publicado
February 5, 2016
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-44-2
Propietario (01)
UD/107A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533442
Fecha de publicación (01)
2015