Atlas digital de propiedades de suelos de Galicia

Autores

Luis Manuel Rodríguez Lado; Luis Tapia del Río; Marta Pérez Rodríguez; Teresa Taboada Rodríguez; Antonio Martínez Cortizas; Felipe Macías Vázquez

Resumo

A paisaxe de Galicia é produto dunha complexa historia xeomorfolóxica, climática e de actividade humana que tamén ten reflexo nas propiedades dos seus solos. As formas da paisaxe e a diversidade dos solos están altamente relacionadas con parámetros topográficos, xeolóxicos, climáticos, uso e vexetación. A modo de síntese, adóitase clasificar os solos en Galicia en tres grandes grupos segundo a súa posición topográfica: leptosoles en áreas de fortes pendentes; regosoles en pendentes medias; e cambisoles, fluvisoles, arenosoles e alisoles en zonas de baixa pendente, e dúas grandes categorías segundo a cor, espesor e porcentaxe de saturación en bases do horizonte superficial: úmbricos e húmicos. A partir desta síntese pódense interpretar certas propiedades xerais dos solos. Esta obra divídese en dúas grandes seccións, Factores ambientais e Propiedades do solo. A sección Factores ambientais contén a descrición e metodoloxía de cálculo dos factores ambientais que se consideraron como variables auxiliares para a cuantificación dos parámetros edáficos. Consta dunha serie de mapas, a resolución de 25 x 25 metros da distribución da litoloxía, vexetación e usos do chan e clima, en forma de mapas de temperatura, precipitación, evapotranspiración potencial e balance hídrico tanto en base anual como mensual, macrobioclimas, índices ombrotérmicos, continentalidade e termicidade. A sección Propiedades de solos subdivídese en tres apartados: Clima do solo, Propiedades físicas e Propiedades químicas.

Cuberta para Atlas digital de propiedades de suelos de Galicia
Publicado
June 14, 2018

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-84-8
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533848
Propietario (01)
OP/438A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2018