Goberno e Administración

Authors

Rubén Castro Redondo
USC
Keywords: Administración

Synopsis

A presente Unidade Didáctica, denominada «Goberno e administración», forma parte da materia «Cultura e Poder na Idade Moderna» que se imparte como optativa no segundo semestre do Grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Como o seu propio título indica, a materia subdivídese en dous grandes bloques: o mundo cultural e o poder. No primeiro deles, o obxecto de análise é a dobre natureza do mundo cultural en canto ós seus protagonistas: cultura popular e cultura elitista. Posteriormente a materia propón unha análise dos medios polos cales se difunden e se expresan eses contidos culturais. Por último, os comportamentos relixiosos serán estudados en particular como un dos fenómenos máis representativos do panorama cultural. No segundo dos bloques, o poder e o goberno serán os protagonistas temáticos, reflexionando sobre o exercicio da administración, a socioloxía dos seus profesionais e, finalmente, as claves para entender as relacións internacionais na época moderna.

Cover for Goberno e Administración
Published
February 4, 2016

Details about this monograph

ISBN-13 (15)
978-84-16533-16-9
Proprietary (01)
UD/088A
DOI (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533169
Publication date (01)
2015