Nicolás Guillén y 'El son entero': miradas desde el siglo XXI
Resumo
A función conmemorativa da disciplina literaria leva a evocar algúns dos autores que participaron, hai agora oitenta años, no II Congreso Internacional de Escritores para la Defensa de la Cultura, celebrado en Valencia en 1937, un acontecemento que selou o compromiso de moitos poetas latinoamericanos coa II República e que evidenciou a súa emocional repulsa da Guerra Civil. A presenza naquel encontro dunha delegación integrada por Alejo Carpentier, Nicolás Guillén e Juan Marinello expresaba o apoio dos escritores cubanos, a solidariedade de artistas e intelectuais antillanos co pobo español. Foi un dos exemplos máis tanxibles da inveterada unión entre o discurso político e a praxe poética, que se intensifica naqueles anos de guerras. Unha década despois, en 1947, Guillén publicaba El son entero, obra clave na produción literaria latinoamericana do século XX, e que mostra de modo singular a esencia da cultura cubana.
Partindo daquela conferencia histórica, a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da Universidade de Santiago —en coordinación coa Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana, y a Fundación Nicolás Guillén— edita esta nova entrega da súa biblioteca, consagrada ao autor de El son entero. Realizar un labor esexético da obra de Guillén e reflexionar acerca do papel da poesía como canle privilexiada do rexistro de feitos non só estéticos, senón tamén históricos, políticos e sociais son os seus obxectivos. Para iso convocouse a poetas e críticos de España, Cuba e Estados Unidos coa encarga de reler os versos guilleneanos desde variadas perspectivas: poéticas oo ensaísticas, persoais ou inferidas, artísticas ou analíticas. Así, branco con negro, todas estas miradas combinadas teñen como resultado unha visión renovada da obra do camagüeiano, situada xa entre os grandes fitos da historia da poesía latinoamericana.