Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea: actas do seminario celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 24-25 de novembro 2017

Autores

Matías G. Rodríguez-Mouriño
Agar Ledo
Daniel López Abel
Autor
Miguel Anxo Rodríguez González
##semicolon## arte contemporánea, perspectivas de xénero, prácticas instituíntes, estudos visuais, discursos decoloniais

Resumo

Os días 24 e 25 de novembro de 2017 tivo lugar, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o seminario Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea, un lugar de encontro pensado para debater sobre os argumentos que ordenaron a disciplina da historia da arte e para propoñer outras achegas que discutan eses relatos canónicos. Durante as xornadas abordamos os obxectos e os métodos de análise da Historia da Arte desde outros puntos de vista, con participantes que traballan no ámbito académico, máis tamén con investigadoras e investigadores independentes, e axentes que traballan dende a práctica curatorial e dende o museo, tentando integrar metodoloxías doutras disciplinas e referentes «periféricos» ou esquecidos. Nesta publicación, que recolle as conferencias e relatorios do seminario Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea, achéganse algunhas das cuestións que están a provocar, nos últimos anos, unha reorientación nos estudos que abordan o fenómeno da «obra de arte» dende outras posicións, superando os límites disciplinarios tradicionais. Existe unha historia da arte construída desde espazos de poder, un privilexio epistémico e unha historiografía que construíu os relatos hexemónicos e subalternizou outros lugares. Como resposta, nas xornadas e nesta publicación, tentamos abordar outras perspectivas para revisar e reescribir as lóxicas asumidas, eses paradigmas instituídos, e esas relacións entre centros e periferias que dende hai un tempo tentan desmontarse dende o ámbito dos estudos decoloniais, os feminismos, os estudos culturais e visuais ou dende a crítica institucional e o novo institucionalismo. Que ferramentas teóricas e analíticas poderían renovar as estratexias e metodoloxías de abordaxe do obxecto artístico, ampliando o campo de estudio tradicional da «obra de arte»?

Cuberta para Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea: actas do seminario celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 24-25 de novembro 2017
Publicado
October 6, 2020

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-18445-04-0
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788418445040
Propietario (01)
CC/256A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-10-06
Calendario de Hijri