Trazos xerais da poesía do século XVII

Autores

María José Alonso Veloso
Universidade de Santiago
##semicolon## poesía española do século XVII, barroco literario

Resumo

A presente unidade didáctica sobre os trazos xerais da lírica barroca é a primeira das cinco incluídas na materia obrigatoria Literatura Española do Século XVII: Poesía. Estuda de xeito exhaustivo as principais tendencias, xéneros, temas e autores da lírica española do século XVII, cunha especial atención ao período comprendido entre 1580 e 1650, e ás obras de tres grandes poetas da época: Luis de Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo. A unidade I, programada cunha duración aproximada de catro semanas e doce horas presenciais, afonda nos trazos da lírica barroca, debuxando as liñas mestras da época, un contexto imprescindible para comprender as creacións poéticas das principais figuras. A análise das canles de transmisión da poesía, as tradicións que conflúen na época xustificando os diferentes xéneros vixentes, os temas e motivos esenciais, os distintos grupos poéticos que cabe establecer con criterios cronolóxicos, xeográficos e estilísticos, pero tamén as tendencias estéticas fundamentais, resulta indispensable na formación do alumnado en Lingua e Literatura Españolas.

Cuberta para Trazos xerais da poesía do século XVII
Publicado
November 9, 2022

Detalles sobre este monográfico

Propietario (01)
UD/224A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155610
Identificador para Xebook (99)
DX1103329385
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-10-24
Calendario de Hijri