Elementos

Autores

Euclídes Euclídes
José Luis Gómez Pardo
USC
Ana Gloria Rodríguez Alonso
Celso Rodríguez Fernández
USC

Resumo

Elementos de Euclides é un clásico no sentido orixinal do termo pois, malia ter sido escrito xa iniciado o período helenístico, constitúe unha presentación maxistral das matemáticas coñecidas polos gregos ata o ano 300 a. C., a meirande parte delas desenvolidas na Grecia clásica por matemáticos como Pitágoras, Teeteto e Eudoxo. 
A obra é fundamental non só polo seu contido matemático senón tamén pola forma de presentalo, xa que establece por primeira vez o método axiomático, tan relevante na posterior evolución das matemáticas ata o día de hoxe.
A influencia dos Elementos no eido da ciencia é incalculable e probablemente se trate do texto científico máis traducido e editado. Usado con exclusividade  ata a aparición das xeometrías non euclidianas no século XX continuaba a ser empregado como texto matemático básico. Ademais, influíu decisivamente na arquitectura a través da teoría da proporción: na pintura, onde tivo un papel fundamental no desenvolvemento da perspectiva,  e mesmo na máis actual matemática computacional. Un clásico con maiúsculas, que, en definitiva, semella modularse segundo os tempos en que é interpretado

Cuberta para Elementos
Publicado
October 7, 2021

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-04-5
Propietario (01)
PU/020A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2019