Utopía

Autores

Tomás Moro
Andrés Torres Queiruga
USC
Helena de Carlos Villamarín
USC

Resumo

Se ben é certo que o concepto de "utopía" atravesa toda a historia do pensamento universal, o humanista,mártir e santo, Tómas Moro, influído en boa mediada pola "República" de Platón, deulle un selo inequívoco e, dende entón, indeleble. O acerto da súa "Utopía" ("De optimi reipublicae statu de que nova insula Utopia", 1516), a grandeza da súa invención, é o humor, que, preservando o equilibrio entre realismo e suxestión, permítelle manter viva a tensión utópica. Fronte aos intentos posteriores, inmediatos e máis coñecidos -- o "Pantagruel" (1532) de François Rabelais, demasiado cómico; a "Cidade do Sol" (1623) de Tommaso Campanella, demasiado relixiosa e a "Nova Atlantis" (1627) de Francis Bacon, demasiado científica --, o equilibrio e ponderación de Moro lograron que, dalgún xeito, a súa "Utopía" se convertese na divisoria de augas que diferencia as utopías en antigas e modernas. A partir de Moro, o tema da utopía fíxose explícito e quedou entregado ao proceso vivo da historia. Mesmo co paso do tempo, na "Utopía" seguen a resoar en todos nós as ilusións dos grandes soños diúrnos que nos habitan, onde o diñeiro non manda e todos somos iguais, onde os vellos e os enfermos están atendidos, onde as guerras apenas existen, onde nos podemos rir dos vestidos, alfaias e ouropeis dos nobres e dos clérigos, onde o traballo non afoga e as familias son ordenadas e harmónicas, onde os gobernantes serven e non explotan... Xusto, a utopía agochada no máis fondo de todos nós, raíz das críticas máis xustas e das ilusións inacabables.

Cuberta para Utopía
Publicado
October 7, 2021

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: En papel

En papel
Propietario (01)
PU/017
ISBN-13 (15)
978-84-9887-708-3
Número de depósito legal (17)
C 1699-2011
Fecha de primera publicación (11)
2011
Dimensións físicas
170mmx240mm

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: Pdf

Pdf
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/pu.2022.19
Propietario (01)
PU/17A
Identificador para Xebook (99)
DX1101898587
Fecha de anuncio para el sector (10)
2022-03-04
Calendario de Hijri