Un formigueiro de mulleres: as ‘trapicheiras’ do Miño
Resumo
A importancia das mulleres do trapiche na posguerra foi mais alá do seu papel de subministradoras de produtos ausentes dos mercado oficial, protexeron a súa identidade e conservaron referentes culturais. Os rostros imposibles de borrar da lembranza, as saias que tapaban as mandanas, o cesto na cabeza, a lingua desafiante e pícara. Andar no contrabando foi un medio de vida pero tamén de integración na nova orde social na que esa interdependencia económica suxeitou as estratexias políticas que serviron de base para novos desafíos. O contrabando é unión e complicidade, e tamén o que daba personalidade, un elemento de identidade. Un desafío ao que fan fronte botando man da moralidade, da fame, e como non, da lexitimidade. Porque o contrabando é concedido como algo lexítimo inherente ao territorio, xa o dicía unha das informantes deste libro: «Antes o contrabando era sagrado».