Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria
Resumo
Os traballos presentados neste volume son o resultado da primeira xornada de debate ao redor das prácticas culturais e literarias emerxentes, «Trans-fronteiras: Hibridacións culturais e transformacións literarias na nova realidade global», que se celebrou o 4 de xullo de 2013 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) e da Cátedra Jean Monnet «A cultura da Integración Europea». O intercambio de opinións e reflexións que tivo lugar naquel encontro axudou a enriquecer a visión que cada un dos contribuíntes tiña sobre os novos campos de estudo que se abriron, e se están a abrir, para os estudos literarios nas últimas décadas, a consecuencia —entre outros motivos— do avance imparable da(s) globalización(s) e dos fenómenos de hibridación cultural que tal(es) proceso(s) orixina(n).
Capítulos
-
Introdución
-
O ensaio como deriva discursiva na poesía galega e canadense recentesChus Pato, Erín Moure e Anne Carson
-
Outros Bildungsromane n'As mulheres de Tijucopapo, de Marilene de Felinto e Le Baobab fou, de Ken Bugul
-
Una perspectiva transatlántica de las antologías en traducción: la poesía italiana entre España y Argentina
-
De Canadá al Tíbet: espacios globales del realismo mágico
-
Indixenizando a literatura comparada: tradución e recepción crítica da oratura amazigh en Europa