Galicia no contexto global: un país periférico?

Autores

Lourenzo Fernández Prieto
Ramón Villares
Daniel Lanero Táboas
Justo Beramendi
##semicolon## Galicia, política económica, modernización económica, identidade

Resumo

A idea de realizar este primeiro Faladoiro Juana de Vega partiu da reflexión dos membros da «Cátedra Juana de Vega» de reorientar parcialmente o sentido e obxectivos das súas actividades, dando preferencia a debates e faladoiros sobre temas de actualidade, despois dunha xeira de congresos especializados nas temáticas que lle eran máis próximas á biografía de Juana de Vega e da súa familia: liberalismo político, fomento económico, relacións Europa-América. Sen esquecer estes tópicos que seguen a cadrar ben co legado da fundadora, pareceu apropiado abrir esta nova práctica de seminarios deliberativos, con asistencia de expertos e con textos previamente distribuídos para orientar os debates. Os obxectivos xerais eran ambiciosos, pero os contidos dos relatorios e as propias discusións durante todo o Faladoiro foron matizando o mesmo mudando a intensidade dos presupostos iniciais, en canto a  afrontar unha crítica das «ideas recibidas» e dos estereotipos que corren sobre a imaxe externa (e interna) de Galicia, tales como o atraso económico e valores a el asociados. Dito con termos máis actuais, que tipo de relato explica a posición de Galicia no mundo.

Cuberta para Galicia no contexto global: un país periférico?
Publicado
October 16, 2018

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/vf.2018.856
Propietario (01)
VF/01A
Identificador para Xebook (99)
DX1101061547
Fecha de anuncio para el sector (10)
2018