Análise contrastiva das relacións espaciais alemán/español

Autores

Elsa Liste Lamas
##semicolon## Análise contrastiva, Relacións espaciais, Español/Alemán

Resumo

A unidade didáctica Análise contrastiva das relacións espaciais alemán-español forma parte da materia Lingüística contrastiva alemá, impartida no primeiro semestre do 3° curso do Grao en Lingua e Literatura Modernas (Maior Plus en Lingua e Literatura Alemás)1.

Partindo da premisa de que a mellor maneira de descubrir e estudar a estrutura gramatical dunha lingua é comparala con outra, nesta materia contrástansen determinados aspectos da morfoloxía, da sintaxe e da semántica do alemán co español. Póñense deste xeito de relevo semellanzas e sobre todo diferenzas entre ambas as dúas linguas e identifícanse posibles dificultades coas que se pode atopar o alumnado. Reciben especial atención aqueles aspectos da lingua alemá que adoitan causar maior número de problemas aos hispanofalantes. As explicacións teóricas e os numerosos exercicios intentan previr así posibles erros relacionados con interferencias entre o español e o alemán (Doval Reixa: 2015).

Cuberta para Análise contrastiva das relacións espaciais alemán/español
Publicado
February 4, 2016
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-31-2
Propietario (01)
UD/095A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533312
Fecha de publicación (01)
2015