La Égloga de Virgine Deipara. Estudio y edición
Resumo
Estas páxinas adéntranse no estudo e edición dunha das escasas mostras do teatro colexial xesuíta na Galicia do século XVI, composto en verso e prosa, e redactado en castelán, latín, portugués e galego. A obra, que foi representada no Colexio de Monterrei (Ourense), o 8 de decembro de 1581, é unha égloga anónima en tres actos, escenificada trala recente unificación dos reinos de España e Portugal, que dramatiza os festexos pola Concepción da Virxe e pola paz, baixo a forma de confluencia de xentes das comarcas do sur de Galicia para participar neles con certames poéticos ao estilo pastoril, con entreacto de distribución de premios e entremés de viláns.