Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro
A Cátedra Institucional Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), creada no ano 2024, publica baixo o selo editorial da USC a colección Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro. Esta colección ten por obxecto a difusión de investigacións académicas sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, así como de materiais inéditos ou escasamente coñecidos sobre a autora. Como o resto das actividades da Cátedra, estas publicacións teñen un propósito integrador da investigación rosaliana realizada tanto en Galicia como na península Ibérica, así como no ámbito académico internacional. A colección constitúe un referente da investigación e difusión da obra e figura da escritora santiaguesa, mais tamén de aspectos relacionados co seu momento histórico e con liñas de investigación de relevancia para o afondamento do saber sobre a súa obra. Neste sentido, a colección enténdese como un espazo para a difusión de investigacións de impacto xeradas no mundo académico, así como de textos vinculados ás actividades da propia Cátedra como resultados de seminarios ou outras iniciativas. As publicacións, en calquera caso, serán relevantes en si mesmas e irán orientadas ao ámbito académico, pero sen renunciar a un público máis xeral. Un comité editorial asume a responsabilidade da selección e revisión dos orixinais. Os volumes aparecen en formato impreso e mais en formato dixital en acceso aberto, cunha periodicidade dun volume anual. Por norma xeral, os volumes non excederán os 300.000 caracteres.
Todos os libros
##catalog.category.noItems##