Expresión y experimentación en la poesía no discursiva en España y Cuba
Resumo
Un dos obxectivos deste estudo é ofrecer unha aproximación plural que contribúa a mellorar a comprensión da interdependencia que existe entre varios sistemas representativos, tradicionais e experimentais, no ámbito da poesía non discursiva en España e Cuba. A tal fin empregáronse diversos métodos de análise textual, estatística e teórica. Analízanse tamén obras particulares de autores representativos e inclúense mapas e gráficos que permiten visualizar esta produción poética en períodos específicos. Asemade inténtase presentar unha visión múltiple do fenómeno poético experimental en dous países hispanos que manifestan traxectorias diferenciadas pero á vez similares. A natureza híbrida e interdependente entre distintos xéneros literarios e artísticos acentúa, contrariamente ao que poida parecer, a proxección dun continuum no espectro poético experimental.