Comportamento térmico e refrixeración de limitadores e microlimitadores de corrente supercondutores
Resumo
Comportamento térmico e refrixeración de limitadores e microlimitadores de corrente supercondutores contén resultados da actividade investigadora do Laboratorio de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da Universidade de Santiago de Compostela sobre os limitadores de corrente supercondutores (LCS) desenvolvida ao longo de máis de dez anos. Descríbense os LCS incluíndo principios de funcionamento, deseños específicos que melloran a súa refrixeración e a súa impedancia baixo fallo de corrente ou problemas e dificultades para a súa implementación práctica. Os resultados foron obtidos con limitadores resistivos, indutivos ou híbridos así como en microlimitadores e utilizando como elementos activos supercondutores de alta temperatura crítica tanto masivos como capas delgadas.